Iniciamos o Camiño.

Todas aquelas persoas interesadas en facer o Camiño coa parroquia, que se poñan en contacto con Ricardo na parroquia ou cos responsables da actividade, para unha boa planificación da mesma. Alí darásevos toda a información pertinente.

As etapas desenvolveranse coa seguinte temporalización:

1ª ETAPA: 27/02 ... CEBREIRO - TRIACASTELA (Posposta por mal tempo. Terá lugar o 13/03)

2ª ETAPA: 27/03 ... TRIACASTELA - SARRIA

3ª ETAPA: 10/04 ... SARRIA - PORTOMARIN

4ª ETAPA: 17/04 ... PORTOMARIN - PALAS DE REI

5ª ETAPA: 24/04 ... FURELOS - ARZÚA

6ª ETAPA: 22/05 ... ARZÚA - ARCA (Saída ás 7:00 da rúa París
á altura da parroquia. Prégase moita puntualidade)


7ª ETAPA: 30/05 ... LAVACOLLA - FONTIÑAS

Recomendacións para o Camiño:

* levar un calzado axeitado
* levar prendas para o frío e a choiva
* levar unha bebida, preferiblemente auga, e algo enerxético para a camiñata