SÉTIMA ETAPA: LABACOLLA - FONTIÑAS

Chegamos a casa...despois dunha experiencia inolvidable.



SEXTA ETAPA: ARZÚA - ARCA

Espírito Santo,
es vento:
lévame onde queiras;
es brisa:
déixame respirar o novo;
es forza:
levántame do chan;
es vida:
dáme paixón pola vida;
es alimento:
nútreme do teu zume;
es luz:
ilumíname cos teus raios;
es calor:
quenta a miña existencia;
es liberdade:
faime libre;
es fecundidade:
cúbreme coa túa sombra;
es auga viva:
dáme de beber;
es resposta:
dáme forza para dicir si
ao Pai, ao Fillo
e a ti, Espírito Santo.

Lectura breve (Dt 6, 4-7)

"Escoita, Israel: O Señor, o noso Deus, é soamente un. Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o corazón, con toda a alma, con todas as forzas. As palabras que hoxe che digo quedarán na túa memoria, repetirásllelas aos teus fillos e falarás delas estando na casa e indo de camiño, deitados e levantados,".

NOSO PAI

Oración

Señor, Deus da vida, no inicio desta nova andaina
dámosche grazas pola novo día e por todos
los irmáns que temos ó noso lado.
Queremos que o teu Espírito sexa sempre
o noso guieiro na procura dun mundo
que cada día sexa mellor para todos.
Polo noso señor Xesucristo que é Camiño, Verdade e Vida. AMEN.

QUINTA ETAPA: FURELOS - ARZÚA

Pai,
póñome nas túas mans,
fai de min o que queiras:
sexa o que sexa, douche as grazas.

Estou disposto a todo,
acéptoo todo, con tal que a túa vontade
se cúmpra en min e en todas as túas criaturas.

Non desexo nada máis, Pai.

Confíoche a miña alma,
doucha con todo o amor de que son capaz,
porque te amo e necesito darme,
poñerme nas túas mans sen medida,
cunha infinita confianza,
porque ti es o meu Pai.

(Oración de abandono, Charles de Foucauld)





Lectura breve (Tb 4,15-16.18-19)

"Non fagas a outro o que a ti non che agrada. Dá do teu pan ao famento e a túa roupa ao nu. Pide consello ao sensato e non despreces un consello útil. Bendice ao Señor Deus en todo momento, e pídelle que achande os teus camiños e que che dea éxito nas túas empresas e proxectos".



NOSO PAI



Oración

Señor, Deus da vida, día e noite estás con nós.
Dámosche grazas pola nova xornada que imos empezar.
Fai que vexamos irmáns en tódalas persoas
que camiñan ó noso rente.
Guía os nosos pasos na procura da nosa felicidade e
Dun mellor para todos.
Polo noso señor Xesucristo que é Camiño, Verdade e Vida. AMEN.











CUARTA ETAPA: PORTOMARÍN - PALAS DE REI

Como tú...

Así es mi vida,
piedra,
como tú. Como tú
piedra pequeña:
como tú,
piedra ligera;
como tú,
canto que ruedas
por las calzadas
y por las veredas;
como tú,
guijarro humilde de las carreteras;
como tú,
que en días de tormenta
te hundes
en el cieno de la tierra
y luego centelleas
bajo los cascos
y bajo las ruedas;
como tú, que no has servido
para ser ni piedra
de una lonja,
ni piedra de una audiencia,
ni piedra de un palacio,
ni piedra de una iglesia...
como tú, piedra aventurera...
como tú,
que tal vez estás hecha
sólo para una honda...
piedra pequeña
y ligera...
León Felipe (Versos y oraciones del caminante)

Lectura da epístola de Santiago (St 1,22-25)

Levade á práctica a Palabra e non vos limitedes a escoitala, enganándovos a vós mesmos. O que se concentra na palabra perfecta, a da liberdade, e é constante, non para oíla e esquecerse, senón para pola por obra, este será ditoso ao practicala?

NOSO PAI

Oración

Señor, Deus da vida, queremos ofrecerche este anaco de liberdade,
este camiño andado sen présas nin penurias,
a liberdade que descubrimos vivindo cada etapa,
sentindo ao sol levantar a mañá
sobre os nosos rostros co abrigo
e a certeza de saberche ao noso lado
Polo noso señor Xesucristo que é Camiño, Verdade e Vida. AMEN.

TERCEIRA ETAPA: DE SARRIA A PORTOMARÍN




Nadie fue ayer,
ni va hoy,
ni irá mañana
hacia Dios
por este mismo camino
que yo voy.
Para cada hombre guarda
un rayo nuevo de luz el sol...
y un camino virgen
Dios.

León Felipe (Versos y oraciones del caminante)











Lectura da carta os efesios (Ef 4,29-32)

Malas palabras non saian da vosa boca; o que digades sexa bo, construtivo e oportuno, así fará ben aos que as oen. Non poñades triste ao Espírito Santo de Deus con que el vos marcou para o día da liberación final. Desterrade de vós a amargura, a ira, os enfados e insultos e toda a maldade. Sede bos, comprensivos, perdoándovos uns a outros como Deus vos perdoou en Cristo.

NOSO PAI

Oración

Señor, Deus da vida, queremos que o camiño sexa
para nós unha experiencia onde aprendamos:
a compartir sen esperar volta,
a dar sen pedir interese,
a axudar sen esixir recompensa,
a ver amigos en cada peregrino
sexa cal sexa a súa lingua ou ideoloxía…
Transforma a nosa forma de ver as cousas
para que poidamos seguir vivindo "no Camiño"
aínda no medio da rutina da nosa vida diaria.
Polo noso señor Xesuscristo que é Camiño, Verdade e Vida.
AMEN






SEGUNDA ETAPA: TRIACASTELA - SARRIA



PARTIR é antes que nada saír dun mesmo.
Romper a cáscara de egoismo que trata de
encadearnos no noso propio "Eu".

PARTIR é rematar de dar voltas ao redor dun mesmo,

coma se un fose o centro do mundo e da vida.
PARTIR é non deixar encerrarse no círculo de problemas do noso pequeno mundo ao cal pertencemos: sexa cal sexa a súa importancia.
A humanidade é

máis grande. É a ela á que debemos servir.
PARTIR non é devorar quilómetros,
atravesar os mares ou alcanzar
velocidades supersónicas.
É antes que nada abrirse aos outros, descubrilos, ir ao
seu encontro.
ABRIRSE ás ideas, incluídas aquelas que son contrarias ás nosas,
é ter o alento dun bo camiñante.

HELDER CAMARA

Lectura do libro de ezequiel (Ez 36,25
-27)

"Derramarei sobre vós unha auga pura que vos purificará: de todas as vosas inmundicias e idolatrías heivos de purificar; e dareivos un corazón novo, e infundireivos un espírito novo; arrancarei da vosa
carne o corazón

de pedra, e dareivos un corazón de carne. Infundireivos o meu espírito, e farei que camiñedes segundo os meus preceptos, e que gardedes e cumprades os meus mandatos".

Oración


Señor, Deus da vida,
no inicio desta nova xornada de marcha
sentimos ó teu alento
na aventura de deixar os nosos egoismos.
Danos un corazón novo e acompaña
ós nosos pasos
no camiño que nos leva ó verdadeiro encontro cos demais.
Polo noso señor Xesuscristo que é Camiño, Verdade e Vida.
AMEN

NOSO PAI







PRIMEIRA ETAPA: O CEBREIRO - TRIACASTELA
















ESTAMOS EN CAMIÑO, E TI?
FONTIÑAS 2010


Camiñar sen Xesús, sen amor,
camiñar sen ti, María.
Camiñar sen pastor que nos garde e guía,
non é camiñar,
non é camiñar,
non é camiñar.
Camiñar sen saber onde está
o que buscas noite e día.
Camiñar sen camiño, verdade e vida,
non é camiñar,
non é camiñar,
non é camiñar.


Señor, noso Pai e Nai, Deus noso:

Como Xesús fixo camiño entre Galilea e Xerusalén, parándose a mirar no seu interior para sentir a túa presenza, axudando á xente para ver nos demais o teu proxecto para o ser humano, así tamén poñémonos hoxe en camiño con tódolos nosos irmáns da Parroquia de Fontiñas para desta forma simbolizar que somos un pobo en camiño e que a nosa meta é sentir a túa presenza paso a paso e convivir como ti nos ensinaches: respectando a natureza, axudándonos e dándonos a man.

Por iso pedimos que nos fagas cada día mellores, máis solidarios, menos cómodos, máis pendentes dos demais.

Tamén queremos neste inicio do noso Camiño de Santiago, recordar a tódolos camiñantes de tódalas épocas, e así,para sentirmos con todos eles, rezamos a oración que Xesús nos transmitiu. Noso Pai...


BENDICIÓN DOS PEREGRINOS

Señor Xesucristo
que sacaches ó teu servo Abraham
de súa cidade gardándoo
en todas as súas peregrinacións,
e que fuches o guía do pobo hebreo
a través do deserto,
pedímosche que te dignes bendicir
a estes fillos e fillas teus da
parroquia de Fontiñas que por amor a teu nome
peregrinan a Compostela.

Sé para eles
compañeiro na marcha,
guía nas encrucilladas,
albergue no camino,
sombra no calor,
luz na escuridade,
consolo en seus desalentos e
firmeza nos seus propósitos;
para que alentados pola túa guía
teñan unha experiencia de vida
transformadora e volvan a súas casas
e comunidades enriquecidos polo teu amor.
Por Xesucristo, noso Señor.


Marchade a Compostela en nome de Xesus
que é Camiño, Verdade e Vida.

AMEN