PRIMEIRA ETAPA: O CEBREIRO - TRIACASTELA
















ESTAMOS EN CAMIÑO, E TI?
FONTIÑAS 2010


Camiñar sen Xesús, sen amor,
camiñar sen ti, María.
Camiñar sen pastor que nos garde e guía,
non é camiñar,
non é camiñar,
non é camiñar.
Camiñar sen saber onde está
o que buscas noite e día.
Camiñar sen camiño, verdade e vida,
non é camiñar,
non é camiñar,
non é camiñar.


Señor, noso Pai e Nai, Deus noso:

Como Xesús fixo camiño entre Galilea e Xerusalén, parándose a mirar no seu interior para sentir a túa presenza, axudando á xente para ver nos demais o teu proxecto para o ser humano, así tamén poñémonos hoxe en camiño con tódolos nosos irmáns da Parroquia de Fontiñas para desta forma simbolizar que somos un pobo en camiño e que a nosa meta é sentir a túa presenza paso a paso e convivir como ti nos ensinaches: respectando a natureza, axudándonos e dándonos a man.

Por iso pedimos que nos fagas cada día mellores, máis solidarios, menos cómodos, máis pendentes dos demais.

Tamén queremos neste inicio do noso Camiño de Santiago, recordar a tódolos camiñantes de tódalas épocas, e así,para sentirmos con todos eles, rezamos a oración que Xesús nos transmitiu. Noso Pai...


BENDICIÓN DOS PEREGRINOS

Señor Xesucristo
que sacaches ó teu servo Abraham
de súa cidade gardándoo
en todas as súas peregrinacións,
e que fuches o guía do pobo hebreo
a través do deserto,
pedímosche que te dignes bendicir
a estes fillos e fillas teus da
parroquia de Fontiñas que por amor a teu nome
peregrinan a Compostela.

Sé para eles
compañeiro na marcha,
guía nas encrucilladas,
albergue no camino,
sombra no calor,
luz na escuridade,
consolo en seus desalentos e
firmeza nos seus propósitos;
para que alentados pola túa guía
teñan unha experiencia de vida
transformadora e volvan a súas casas
e comunidades enriquecidos polo teu amor.
Por Xesucristo, noso Señor.


Marchade a Compostela en nome de Xesus
que é Camiño, Verdade e Vida.

AMEN