SEGUNDA ETAPA: TRIACASTELA - SARRIA
PARTIR é antes que nada saír dun mesmo.
Romper a cáscara de egoismo que trata de
encadearnos no noso propio "Eu".
PARTIR é rematar de dar voltas ao redor dun mesmo,
coma se un fose o centro do mundo e da vida.
PARTIR é non deixar encerrarse no círculo de problemas do noso pequeno mundo ao cal pertencemos: sexa cal sexa a súa importancia.
A humanidade é
máis grande. É a ela á que debemos servir.
PARTIR non é devorar quilómetros,
atravesar os mares ou alcanzar
velocidades supersónicas.
É antes que nada abrirse aos outros, descubrilos, ir ao
seu encontro.
ABRIRSE ás ideas, incluídas aquelas que son contrarias ás nosas,
é ter o alento dun bo camiñante.
HELDER CAMARA
Lectura do libro de ezequiel (Ez 36,25
-27)
"Derramarei sobre vós unha auga pura que vos purificará: de todas as vosas inmundicias e idolatrías heivos de purificar; e dareivos un corazón novo, e infundireivos un espírito novo; arrancarei da vosa
carne o corazón
de pedra, e dareivos un corazón de carne. Infundireivos o meu espírito, e farei que camiñedes segundo os meus preceptos, e que gardedes e cumprades os meus mandatos".
Oración
Señor, Deus da vida,
no inicio desta nova xornada de marcha
sentimos ó teu alento
na aventura de deixar os nosos egoismos.
Danos un corazón novo e acompaña
ós nosos pasos
no camiño que nos leva ó verdadeiro encontro cos demais.
Polo noso señor Xesuscristo que é Camiño, Verdade e Vida.
AMEN
NOSO PAI