QUINTA ETAPA: FURELOS - ARZÚA

Pai,
póñome nas túas mans,
fai de min o que queiras:
sexa o que sexa, douche as grazas.

Estou disposto a todo,
acéptoo todo, con tal que a túa vontade
se cúmpra en min e en todas as túas criaturas.

Non desexo nada máis, Pai.

Confíoche a miña alma,
doucha con todo o amor de que son capaz,
porque te amo e necesito darme,
poñerme nas túas mans sen medida,
cunha infinita confianza,
porque ti es o meu Pai.

(Oración de abandono, Charles de Foucauld)





Lectura breve (Tb 4,15-16.18-19)

"Non fagas a outro o que a ti non che agrada. Dá do teu pan ao famento e a túa roupa ao nu. Pide consello ao sensato e non despreces un consello útil. Bendice ao Señor Deus en todo momento, e pídelle que achande os teus camiños e que che dea éxito nas túas empresas e proxectos".



NOSO PAI



Oración

Señor, Deus da vida, día e noite estás con nós.
Dámosche grazas pola nova xornada que imos empezar.
Fai que vexamos irmáns en tódalas persoas
que camiñan ó noso rente.
Guía os nosos pasos na procura da nosa felicidade e
Dun mellor para todos.
Polo noso señor Xesucristo que é Camiño, Verdade e Vida. AMEN.











CUARTA ETAPA: PORTOMARÍN - PALAS DE REI

Como tú...

Así es mi vida,
piedra,
como tú. Como tú
piedra pequeña:
como tú,
piedra ligera;
como tú,
canto que ruedas
por las calzadas
y por las veredas;
como tú,
guijarro humilde de las carreteras;
como tú,
que en días de tormenta
te hundes
en el cieno de la tierra
y luego centelleas
bajo los cascos
y bajo las ruedas;
como tú, que no has servido
para ser ni piedra
de una lonja,
ni piedra de una audiencia,
ni piedra de un palacio,
ni piedra de una iglesia...
como tú, piedra aventurera...
como tú,
que tal vez estás hecha
sólo para una honda...
piedra pequeña
y ligera...
León Felipe (Versos y oraciones del caminante)

Lectura da epístola de Santiago (St 1,22-25)

Levade á práctica a Palabra e non vos limitedes a escoitala, enganándovos a vós mesmos. O que se concentra na palabra perfecta, a da liberdade, e é constante, non para oíla e esquecerse, senón para pola por obra, este será ditoso ao practicala?

NOSO PAI

Oración

Señor, Deus da vida, queremos ofrecerche este anaco de liberdade,
este camiño andado sen présas nin penurias,
a liberdade que descubrimos vivindo cada etapa,
sentindo ao sol levantar a mañá
sobre os nosos rostros co abrigo
e a certeza de saberche ao noso lado
Polo noso señor Xesucristo que é Camiño, Verdade e Vida. AMEN.

TERCEIRA ETAPA: DE SARRIA A PORTOMARÍN




Nadie fue ayer,
ni va hoy,
ni irá mañana
hacia Dios
por este mismo camino
que yo voy.
Para cada hombre guarda
un rayo nuevo de luz el sol...
y un camino virgen
Dios.

León Felipe (Versos y oraciones del caminante)











Lectura da carta os efesios (Ef 4,29-32)

Malas palabras non saian da vosa boca; o que digades sexa bo, construtivo e oportuno, así fará ben aos que as oen. Non poñades triste ao Espírito Santo de Deus con que el vos marcou para o día da liberación final. Desterrade de vós a amargura, a ira, os enfados e insultos e toda a maldade. Sede bos, comprensivos, perdoándovos uns a outros como Deus vos perdoou en Cristo.

NOSO PAI

Oración

Señor, Deus da vida, queremos que o camiño sexa
para nós unha experiencia onde aprendamos:
a compartir sen esperar volta,
a dar sen pedir interese,
a axudar sen esixir recompensa,
a ver amigos en cada peregrino
sexa cal sexa a súa lingua ou ideoloxía…
Transforma a nosa forma de ver as cousas
para que poidamos seguir vivindo "no Camiño"
aínda no medio da rutina da nosa vida diaria.
Polo noso señor Xesuscristo que é Camiño, Verdade e Vida.
AMEN






SEGUNDA ETAPA: TRIACASTELA - SARRIA



PARTIR é antes que nada saír dun mesmo.
Romper a cáscara de egoismo que trata de
encadearnos no noso propio "Eu".

PARTIR é rematar de dar voltas ao redor dun mesmo,

coma se un fose o centro do mundo e da vida.
PARTIR é non deixar encerrarse no círculo de problemas do noso pequeno mundo ao cal pertencemos: sexa cal sexa a súa importancia.
A humanidade é

máis grande. É a ela á que debemos servir.
PARTIR non é devorar quilómetros,
atravesar os mares ou alcanzar
velocidades supersónicas.
É antes que nada abrirse aos outros, descubrilos, ir ao
seu encontro.
ABRIRSE ás ideas, incluídas aquelas que son contrarias ás nosas,
é ter o alento dun bo camiñante.

HELDER CAMARA

Lectura do libro de ezequiel (Ez 36,25
-27)

"Derramarei sobre vós unha auga pura que vos purificará: de todas as vosas inmundicias e idolatrías heivos de purificar; e dareivos un corazón novo, e infundireivos un espírito novo; arrancarei da vosa
carne o corazón

de pedra, e dareivos un corazón de carne. Infundireivos o meu espírito, e farei que camiñedes segundo os meus preceptos, e que gardedes e cumprades os meus mandatos".

Oración


Señor, Deus da vida,
no inicio desta nova xornada de marcha
sentimos ó teu alento
na aventura de deixar os nosos egoismos.
Danos un corazón novo e acompaña
ós nosos pasos
no camiño que nos leva ó verdadeiro encontro cos demais.
Polo noso señor Xesuscristo que é Camiño, Verdade e Vida.
AMEN

NOSO PAI