TERCEIRA ETAPA: DE SARRIA A PORTOMARÍN
Nadie fue ayer,
ni va hoy,
ni irá mañana
hacia Dios
por este mismo camino
que yo voy.
Para cada hombre guarda
un rayo nuevo de luz el sol...
y un camino virgen
Dios.
León Felipe (Versos y oraciones del caminante)
Lectura da carta os efesios (Ef 4,29-32)
Malas palabras non saian da vosa boca; o que digades sexa bo, construtivo e oportuno, así fará ben aos que as oen. Non poñades triste ao Espírito Santo de Deus con que el vos marcou para o día da liberación final. Desterrade de vós a amargura, a ira, os enfados e insultos e toda a maldade. Sede bos, comprensivos, perdoándovos uns a outros como Deus vos perdoou en Cristo.
NOSO PAI
Oración
Señor, Deus da vida, queremos que o camiño sexa
para nós unha experiencia onde aprendamos:
a compartir sen esperar volta,
a dar sen pedir interese,
a axudar sen esixir recompensa,
a ver amigos en cada peregrino
sexa cal sexa a súa lingua ou ideoloxía…
Transforma a nosa forma de ver as cousas
para que poidamos seguir vivindo "no Camiño"
aínda no medio da rutina da nosa vida diaria.
Polo noso señor Xesuscristo que é Camiño, Verdade e Vida.
AMEN