QUINTA ETAPA: FURELOS - ARZÚA

Pai,
póñome nas túas mans,
fai de min o que queiras:
sexa o que sexa, douche as grazas.

Estou disposto a todo,
acéptoo todo, con tal que a túa vontade
se cúmpra en min e en todas as túas criaturas.

Non desexo nada máis, Pai.

Confíoche a miña alma,
doucha con todo o amor de que son capaz,
porque te amo e necesito darme,
poñerme nas túas mans sen medida,
cunha infinita confianza,
porque ti es o meu Pai.

(Oración de abandono, Charles de Foucauld)





Lectura breve (Tb 4,15-16.18-19)

"Non fagas a outro o que a ti non che agrada. Dá do teu pan ao famento e a túa roupa ao nu. Pide consello ao sensato e non despreces un consello útil. Bendice ao Señor Deus en todo momento, e pídelle que achande os teus camiños e que che dea éxito nas túas empresas e proxectos".



NOSO PAI



Oración

Señor, Deus da vida, día e noite estás con nós.
Dámosche grazas pola nova xornada que imos empezar.
Fai que vexamos irmáns en tódalas persoas
que camiñan ó noso rente.
Guía os nosos pasos na procura da nosa felicidade e
Dun mellor para todos.
Polo noso señor Xesucristo que é Camiño, Verdade e Vida. AMEN.